REAPERTURA CAMPO DE GOLF DE MEIS 2021 (Contexto COVID-19)
Estimadas/os abonadas/os e usuarias/os
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia publicou este martes 16 de febreiro a "Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola COVID-19 de aplicación ao deporte galego”, disponible na páxina web, complementando e clarexando o DECRETO 26/ 2021 e a ORDE do 15 de febreiro (DOG Nº 30-Bis).
Neste contexto e relacionado co deporte do golf, autorízase a práctica da actividade deportiva do deporte federado de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustándose aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
A Fundación Monte Castrove seguindo o principio de prudencia e combinando seguridade, celeridade e a máxima flexibilidade posible,
reabre as instalacións do Campo de Golf de Meis o próximo luns día 22 de febreiro ás 10 horas para realizar reservas
e o martes día 23 de febreiro ás 9 horas para iniciar a actividade deportiva.
Nesta fase é moi importante prestar atención ás restriccións de mobilidade, ter en conta que o desplazamento debe estar xustificado
e as/os xogadoras/es deberán ir previstas/os da correspondente certificación dun club deportivo, polo cal:
•As/os xogadoras/es teñen que estar en posesión da licencia en vigor da RFEG.
•Para acceder ás instalacións é indispensable a reserva previa.
•Para desprazarse será precisa a certificación expedida por un club deportivo
•Para acceder a xogar é obrigatorio o uso de máscara.
•Está prohibido fumar dentro das instalacións.
Dámosvos a benvida de novo ao Campo de golf para disfrutar da natureza e do golf. Pregamos máxima atención ao protocolo de normas
Covid-19 (www.fggolf.com) e ás boas prácticas de uso das instalaciones en beneficio de todas/os.
Meis (Pontevedra), o 17 de febreiro de 2021.
FUNDACIÓN MONTE CASTROVE
www.campodegolfmeis.com
www.fggolf.com
NORMATIVA QUE SE APLICA:
- DECRETO 26/2021, do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas
no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada
no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, poloque se declara o estado de alarma para conter a propagación
de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
- ORDE do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas
na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na
Comunidade Autónoma de Galicia.
- Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de
contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego.